Valdeorras, terra de suaves contrastes
A Asociación Valnatura Creou para ti un circuito cultural no que a través de varias rutas poderás gozar dos nosos ríos, montes e sendas, xa sexa a pé, en bicicleta ou en coche; e achegarche á nosa contorna natural que che ofrecerá unha terra de suaves contrastes. Seguindo estas rutas poderás sorprenderte co noso patrimonio histórico-artístico, cultural e etnográfico.
Unha visita por algunha das adegas da Denominación de Orixe Valdeorras permitirache degustar dúas das súas variedades de uva máis destacadas: o Godello e a Mencía.
Ofrecémosche a posibilidade de coñecer a flora e a fauna máis destacable da comarca, así como, os motores base que sustentan a nosa economía.
Todo iso acompañámoscho cunha guía de servizos e cunha axenda cultural da Comarca onde poderás organizar, a túa medida, unha viaxe de “suaves contrastes”.
Valdeorras, un destino e mil sensacións!!!!
• Aviso legal